Clausuran o obradoiro de emprego de xardinería compartido por Abegondo, Bergondo, Carral, Mesía e Oza-Cesuras

O pazo de Mariñán visto desde os xardíns

O pazo de Mariñán, en Bergondo, visto desde os xardíns

Abegondo pechou onte o  taller de emprego compartido entre Abegondo, Bergondo, Carral, Mesía e Oza-Cesuras no que participaron quince mozos desempregados. Durou  seis meses e ofreceu aos matriculados formación específica en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. No acto o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, agradeceu onte a “implicación da Xunta” ” O rexido aproveitou a presenza do conselleiro para solicitar que estas as liñas de emprego poidan abarcar o próximo ano a reserva da biosfera, mentres que o representante do goberno galego avanzou a ampliación de seis a nove meses a duración dos obradoiros de emprego.

Advertisements