Goberno e PSOE en Miño polemizan a conta dos parquímetros da ORA

O Concello de Miño

O Concello de Miño ten ao pé prazas de ORA

O executivo municipal de Miño manifestou nun comunicado que é “falso” que os novos parquímetros da ORA, que acaban de entrar en funcionamento, custasen 33.000 euros máis 7.000 euros de mantemento. PP e MPA fixeron pública a adxudicación a Parkeon por 24 150 euros máis IVE, uns 29.000 euros, incluído o software.

O goberno local destaca que o mantemento anual dos sete parquímetros “é de 924 euros e non de 7000” como aseguran os socialistas. Engade que o PSOE forma parte da mesa de contratación e na sesión do pasado mes de agosto “votou a favor da compra dos parquímetros” mentres que no pleno do pasado setembro abstivéronse. O Concello tamén destacou que o proxecto de urbanización da Rúa Galea prevé a instalación de dúas parquímetros para ampliar a zona de pago da ORA “e os socialistas votaron a favor”.

En declaracións a Xornal de Betanzos, o voceiro do PSOE, Manuel Vázquez Faraldo, matizaba a súa postura favorable á existencia da ORA pero contraria aos parquímetros. Incide en que a ORA é “Ordenanza Reguladora de Aparcamiento” e que “non necesariamente implica o cobro. En Ferrol hai anos q se aplica sen cobrar, cun límite de tempo para estacionar”.

Advertisements