O Concello organiza un obradoiro teatral para alumnado do Pai Menni

A estrada ao Mesón do Bento pasa baixo o centro Pai Menni

A estrada ao Mesón do Bento pasa baixo o centro Pai Menni

O Concello de Betanzos organiza un Obradoiro de artes escénicas para persoas con diversidade funcional, que dará comezo o vindeiro luns, 6 de marzo e que terá lugar todos os luns pola tarde dos meses de marzo, abril e maio no Centro Pai Menni.

O Obradoiro de artes escénicas para persoas con diversidade funcional ten entre os seus obxectivos, coñecer as ferramentas do teatro, fomentar o xogo como medio para entender a vida, traballar a imaxinación e a expresividade, desenvolver o control postural, entender a importancia do traballo en equipo, aprender a escoitar, afondar no traballo comunicativo tendo a lingua galega como elemento transversal, afondar no desenvolvemento psicomotor e promover o benestar e desenvolvemento das propias potencialidades psicolóxicas, cognitivas, afectivas e relacionais. Ademais, esta actividade terá como peche final unha mostra teatral do alumnado do devandito centro a finais do mes de maio dentro da programación das Letras Galegas 2017 do Concello de Betanzos.

Esta actividade, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística, vai dirixida especificamente a persoas con diversidade funcional (discapacidade intelectual, física e/ou sensorial) e terá lugar no Centro Pai Menni por terceiro ano consecutivo, logo dos bos resultados acadados o pasado ano e da importancia para este colectivo deste tipo de actividades.

Advertisements