Piden nove anos de inhabilitación para o voceiro do PP de Sada por presunta prevaricación

Patio interior dos xulgados betanceiros

Patio interior dos xulgados betanceiros

A Fiscalía Provincial considera que o exalcalde e actual voceiro do PP de Sada, Ernesto Anido, é o autor dun delicto de prevaricación administrativa na contratación da coordinadora, solicitando unha pena de 9 anos de inhabilitación especial para emprego ou cargo público para o exregidor e actual portavoz do PP en Sada. O Ministerio Público sinala, ademais, que a xa excoordinadora tería sido cooperadora necesaria e pide outros tantos anos de inhabilitación para ela, que actualmente traballa no Concello de Culleredo. Demanda que ambos paguen ao Concello de Sada  14 248 euros polo custo da contratación para as arcas públicas.

O Ministerio Público acusa a Ernesto Anido e á excoordinadora de “actuar conxuntamente e con grave dano para o bo funcionamento da Administración” ao “bosquexar o modo de lograr a contratación da acusada”. A Fiscalía considera que hai probas suficientes que demostran que o exalcalde manobrou para deseñar con Belia Vellón un “procedemento ad hoc” e adxudicarlle o posto “a propósito de que se facía burla dos principios de imparcialidade”. Acusa así ao rexedor de “idear” a modificación do Reglamento Orgánico e da Relación de Postos de Traballon connivencia coa acusada  e apunta que foi a propia aspirante ao posto quen redactou estes textos, que o alcalde elevou a pleno “modificando tan só a data”.

A Fiscalía destaca no seu escrito de acusación que para a creación deste posto de coordinador xeral eliminouse toda referencia ao seu “carácter funcionarial”, de forma que “o nomeamento puidese recaer non só nos funcionarios de carreira, condición que non reunía Belia Vellón, senón tamén entre o persoal laboral fixo das entidades locais, condición que si concorría na acusada”. O Ministerio Fiscal  denuncia que foi tamén a propia acusada a que redactou as bases da convocatoria de 2013 para a designación de persoal directivo no posto de coordinador xeral. O Ministerio público destaca o feito de que foi “a única candidata” e que actuou “a propósito de que resultaría elixida para o posto por ser esta a vontade do alcalde”.

O exalcalde dictó un decreto o 14 de abril de 2013 polo que acordaba contratar á acusada, que estivo vinculada ao Concello desde o 2 de maio dese ano ata o 4 de setembro e que percibiu durante ese tempo 14.248 euros. O PDSP fixo onte público o escrito de Fiscalía, nun xuízo que se segue a denuncia da formación escindida do PP tras o episodio de transfuguismo que devolveu a alcaldía da vila a Ramón Rodríguez Ares. Sada Popular remarca que Anido é portavoz do PP en Sada, membro da dirección do PPdG e coordinador do seu partido na comarca de Betanzos e recordou que o código ético do PP establece a dimisión dos cargos electos si é obxecto dunha acusación polo fiscal que derive na apertura dun xuízo oral, que polo de agora aínda non foi decretada.

Advertisements