Aranga pon un terceiro soldo ao goberno e gastará nel 70 000 euros

Albero Platas, do PP, é o alcalde de Aranga

Albero Platas, do PP, é o alcalde de Aranga

Máis de 70 000 euros gastarán os habitantes de Aranga, apenas 1982, en manter ao seu goberno despois de que o PP levase a pleno un terceiro salario para outro concelleiro conservador. Así, o concelleiro de obras pasará a ter unha dedicación parcial, xunto á outra que recibe a concelleira de cultura e a dedicación exclusiva do alcalde. Desde o inicio da lexislatura hai aínda non dous anos o PP duplicou xa o gasto en salarios do goberno local. A eles hai que sumar as dietas por asistencia a plenos e outros órganos dos restantes edís do grupo de goberno e, no caso dos plenos, da oposición.

Advertisements