Biblos acolle hoxe un debate sobre o Pasatempo

O Pasatempo

O salón de actos da Libraría Biblos (rúa de Santiago nº2) acollerá hoxe a partir das 20.00 horas un debate sobre “o presente e futuro do Pasatiempo”, onde departirán José Crespí, responsable da reconstrución do parque nos anos 90 e un dos asinantes do proxecto anunciado en setembro polo alcalde para rehabilitar o xardín- que agora parece ser só un estudo previo- e o autor do blog Parque do Pasatiempo, José Souto Santé. A charla chega cando a campaña en Change.org para “salvar O Pasatempo” superou xa o limiar das seis mil sinaturas.

Advertisements