O goberno local cambia os buxos da Porta da Vila por palmeiras

As palmeiras na Porta da Vila. Fotografía do Facebook

Buxos por palmeiras. É o cambio que a empresa concesionaria do mantemento das zonas verdes, Orto, está a facer estes días nas macetas da Porta da Vila. A especie escollida é o palmito excelso, unha palma de poste “peludo” e follas en forma de abano rematada en púas que poboa boa parte dos xardíns municipais.

O aspecto “tropical” que amosa a Porta da Vila con esta nova plantación xa ten provocado controversia en rúa e redes sociais. As críticas pasan desde comparar a estampa con “Marina D’Or” ata cuestionar o gasto nesta actuación innecesaria en lugar de investir no Pasatempo. Hai quen critica mesmo que o goberno local non sexa capaz de pasar de actuacións de “bricolaxe e xardinaría”.

Advertisements