Paderne demandará pasos de cebra e unha rotonda en Insua no cruce do Pedrido a iniciativa do BNG

 

Manel Pérez é o único concelleiro do BNG en Paderne

O BNG conseguiu que o pleno de Paderne respaldase a súa demanda de melloras na seguridade viaria na N-651 en Insua. Os nacionalistas demandaron un paso de peóns no núcleo- que actualmente carece del- e que se mellore o perigoso cruce cara a ponte do Pedrido cunha rotonda, a fin de reducir a sinistralidade nas incorporacións neste punto. Agora o Concello deberá dirixirse ao Ministerio de Fomento, titular da vía, para acometer os traballos.

Os nacionalistas conseguiron tamén que os restantes grupos asumisen a necesidade de analizar a rede de saneamento municipal, as súas deficiencias e establecer un cronograma para mellorar a recollida e depuración das augas residuais, establecendo prazos concretos para a subsanación de todas as eivas detectadas. Ambas iniciativas foron aprobadas por unanimidade.

Advertisements