O xoves arrincan as Xornadas de linguaxe administrativa galega no IES As Mariñas

Vista do IES As Mariñas

O vindeiro xoves 9 de marzo comezan no IES As Mariñas as Xornadas de linguaxe administrativa galega realizados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos en colaboración co Departamento de Administración Pública do centro educativo. A finalidade desta actividade será a de promover entre o alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas o atendemento oral e escrito entre os/as futuros/as administrativos/as nos seus postos de traballo, de igual modo que fomentar a implicación da mocidade no proceso de normalización lingüística da lingua galega, pensando xa nos seus futuros espazos de traballo. Estes obradoiros levaranse a cabo os vindeiros días 9, 16, 23 e 30 de marzo e 6 de abril de 2017.

Nestas xornadas tratarase de explicarlle ao alumnado a importancia da oferta positiva en galego, ao igual que a necesidade de se implicaren no proceso de renovación da linguaxe administrativa, así como os novos movementos de reforma da redacción administrativa que procuran mudar o estilo escuro, discriminatorio, reverencial e sexista dos textos tradicionais en beneficio dunha nova forma de comunicarse máis democrática, clara e respectuosa coa cidadanía. Todo isto ao tempo que se pretende contribuír á profesionalización das destrezas escritas en galego.

Advertisements