Unha falsa alarma de incendio obriga a baleirar o aulario do Carregal

Imaxe do aulario dependente do CEIP Vales Villamarín

Susto onte no aulario de infantil do CEIP Vales Villamarín, ubicado a carón do centro de saúde. O persoal desaloxou o centro educativo tras dispararse unha alarma de incendio que fixo acudir ao edificio aos bombeiros de Betanzos, Protección Civil e Policía Local, desprazados polo 112. Os efectivos revisaron as instalacións e comprobaron que se trataba dunha falsa alarma. Tras constatar que non existía ningún risco para os pequenos, retomouse a actividade do centro.

Advertisements