O goberno local aclara que a nova asociación de hostaleiros non implicará baixas en ACEBE

Locais hostaleiros na praza do Campo

A reunión celebrada onte no Salón Azul do Edificio Arquivo serviu para alumbrar a nova asociación de hostalaría de Betanzos, cuxos integrantes pretenden convertir nunha plataforma para impulsar actividades que permitan dinamizar o sector. A pertenza a esta nova asociación no implicará que algúns dos hostaleiros se desliguen de ACEBE, senón que os hostaleiros que actualmente están integrados no colectivo de comerciantes non teñen previsto darse de baixa, segundo aclararon onte desde o Concello.

Na xuntanza de onte asináronse a acta de constitución do novo colectivo, a presentación dos estatutos e a elección da xunta directiva. O goberno local expresou onte o seu apoio a esta iniciativa, que considera do “máximo interese á hora de aumentar as relacións e colaboración entre o propio Concello, o comercio e a hostalaría”. O executivo municipal destaca que este sector é fundamental nunha cidade que ten no turismo una das súas principais fontes de ingresos e expresa a súa confianza en que esta unión contribuirá a potenciar a hostalaría.

Advertisements