Faraldo asegura que o PSOE frenou os seus plans para o Pasatempo cando recuperou a alcaldia

Investimentos do goberno do PP no Pasatempo segundo María Faraldo. Fotografía do seu facebook

María Dolores Faraldo, exalcaldesa de Betanzos nos catro anos de goberno do PP, rompeu onte o seu silencio sobre o estado do Pasatempo a través da súa conta na rede social Facebook. Documentando a súa aseveración cun documento cos investimentos no parque- que ilustra esta nova- a exrexedora sostén que “durante el Gobierno del PP las inversiones en el Pasatiempo de Betanzos fueron de 700.000 euros, las obras comenzaron en la parte baja del Parque”.

Inscribe nestas actuacións na “parte baixa” (o novo parque urbano dos anos 90)- as actuacións de “seguridad del estanque, para que los niños no accedieran del parque infantil al estanque, firme que estaba todo levantado por las raices, servicios etc etc.”

Engade que “en la parte alta se invirtieron 63.798 euros, para acondicionamiento, procedentes del Consorcio, la obra finalizo en el 2012, pero se habia gestionado durante el Gobierno del PP”. Refírese ás actuacións na zona monumental do parque, que o executivo de Ramón García tardou en executar ano e algo para identificalo co seu mandato (segundo amosa a hemeroteca do web municipal), supoñendo actuacións en camiños e xardíns.

“La idea era continuar en la siguiente legislatura con inversiones en la parte alta” engade. “Pero en los años de Gobierno del Psoe no se invirtió nada, ni de fondos propios ni de subenciones” asegura Faraldo, lamentando que “lo único que se hizo fue cortar la Rosaleda porque daba trabajo mantenerla”. “Ni un euro de inversión en 6 años, trae sus consecuencias” conclúe.

A campaña de change sopesa pasarse ao crowdfunding

Con máis de 6300 sinaturas apoiando a demanda de rehabilitación do parque, a campaña social valora agora a posibilidade de poñer en marcha unha campaña de crowdfunding para contribuír á recuperación do parque enciclopédico. Integrantes na plataforma esperan forzar así ás administracións a dar un paso á fronte e garantir fondos para a recuperación do Pasatempo.

Advertisements