O IES Francisco Aguiar organiza unha xornada de orientación e Atocha unha de portas abertas

Unha vista dos xardíns do IES Francisco Aguiar

O IES Francisco aguiar organiza unha xornada de orientación para alumnado e familias este sábado, día 11. “O Bacharelato é un momento de importantes decisións no relativo aos futuros estudos ou saídas profesionais.
O panorama educativo constantemente cambiante que estamos a vivir non facilita a toma de decisións aos interesados e ás súas familias” explican desde o centro indicando que a convocatoria é para estudantes que rematan os estudos de secundaria este ano, pero tamén para os de primeiro de Bacharelato para “poida tomar decisións con maior perspectiva”.

Será “fóra do horario lectivo para favorecer a asistencia tanto das familias como dos colaboradores” e contará con exalumnos do centro, familias e profesores.

Doutra banda, o colexio Atocha organiza o martes 14 ás 17 h unha xornada de portas abertas “para así darnos a conocer a las familias que puedan estar interesadas”. Importante reservar cita co centro.

 

Advertisements