Premios aos mellores expedientes de secundaria por conta da Fundación Villuendas

Vista do IES As Mariñas

O alcalde de Betanzos, Ramón García Vázquez, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, entregaron os premios da Fundación Villuendas aos alumnos con mellores expedientes académicos en Segundo de Bachillerato do curso pasado. Cada alumno recibiu 500 euros. No colexio de Atocha leváronse a distinción Pedro Rodríguez, Alexandre Igrexas e Samuel Saído. No Francisco Aguiar, foi para Javier Villaverde de Betanzos e Eva Couto e Alba Rodríguez de Bergondo. Os premios, ao parecer, excluíron a estudantes do IES As Mariñas.

O recoñecemento ven sumarse aos premios que nas últimas datas levaron varios estudantes do IES Francisco Aguiar ao remate das súas carreiras con premio extraordinario de fin de carreira e mais ao galardón que conseguiu outro estudante de automoción do IES As Mariñas no último certame da antiga FP a nivel estatal.

Advertisements