Ata fin de mes pode solicitarse praza na escola infantil de Abegondo

O colexio de Abegondo

O Concello de Abegondo manterá aberto ata o próximo 31 de marzo o prazo de solicitude de novo ingreso e de reserva de praza para a escola infantil municipal Pasiños, de face ao próximo curso escolar 2017-2018. Para poder solicitar praza nesta escola é necesario que o menor xa naza cando se presente a instancia, e cunha idade mínima de tres meses na data de ingreso, que será en setembro de 2017. Os nenos ademais non deberán ter cumpridos os tres anos a data de 31 de decembro de 2017.

Os menores que xa estiveron escolarizados no curso 2016-2017 deberán realizar neste prazo a reserva de face ao próximo curso. As solicitudes e a documentación requirida deberán presentarse en Servizos Sociais de luns a venres pola mañá.

Advertisements