O Betanzos golea ao Sada no derbi das Mariñas e acomódase na zona templada

Tras golear á S.D. Sada por cinco a un o Betanzos suma 35 puntos e acomódase na zona templada da táboa, na decimoterceira posición. Os sadenses xa marchaban de pechacancelas antes de visitar o García Irmáns, pero aos quince minutos de xogo, tras cometer un penalti que os locais aproveitaron, quedou claro que de Betanzos marcharían con derrota.

Ao descanso chegouse con 4-0, o que dá boa conta da superioridade local. A reanudación foi a mesma, e o Betanzos aínda marcou outro gol máis, afrouxando un pouco despois na presión. O gol da honra dos sadenses chegou no minuto 80 ao contragolpe.

Advertisements