Clausuran o obradoiro de emprego de atención á dependencia

Os alcaldes de Coirós, Paderne, Betanzos e Abegondo na presentación do obradoiro de emprego

Os alcaldes de Betanzos, Coirós, Paderne e Abegondo e representantes de entidades colaboradoras como Aspronaga ou Pai Menni asistiron o venres á clausura do taller de emprego de Integración social e coidado á dependencia. Vinte persoas desempregadas participaron neste obradoiro subvencionado pola Consellería de Emprego para formarse como coidadores e mirar de se integrar nun segmento do mercado de traballo con demanda como é o coidado de maiores e dependentes.

Advertisements