Dous feridos nun choque frontal en Infesta

Dúas persoas resultaron feridas onte ao bater frontalmente dous turismos en Infesta. Segundo informou o 112, ás oito e media da mañá, por causas non especificadas, dous vehículos colisionaron resultando feridas dúas persoas. A axencia galega de emerxencias desprazou ao lugar os bombeiros de Betanzos e a Garda Civil de Tráfico.

Advertisements