O PP anuncia semáforos para os pasos de cebra de Guísamo

A N-VI ao seu paso por Guísamo

O PP anunciou onte, na xuntanza con veciñanza de Guísamo, que o Ministerio de Fomento colocará semáforos nos pasos de cebra da localidade bergondesa, para frear os sucesos que no último ano e medio veñen reiterándose con demasiada frecuencia e que levaron a emprender mobilizacións á xente. Segundo anunciou a deputada Tristana Moraleja estas medidas afectarán á N-VI ao seu paso por Cortiñán, Vixoi e Guísamo.

O anuncio anticípase á xuntanza que Concello e Ministerio teñen concertada para o vindeiro día 23, na que previsiblemente o consistorio recibirá comunicación oficial do anunciado onte polo PP.

Advertisements