Veciñanza de Costa Miño Golf denuncia que o Concello non cumpriu os seus compromisos

Unha vista de Costa Miño Golf

A asociación de veciños de Costa Miño Golf denuncia que o Concello aínda non executou os traballos de mellora na seguridade viaria e o mantemento comprometidos. Así, aseguran que seguen á espera da instalación dos badéns reductores de velocidade anunciados xa ao comezo do mandato e da brigada de limpeza que debería manter en bo estado as zonas públicas.

Advertisements