“Café con cooperantes”, o venres na sede da Cruz Vermella

Sede da Cruz Vermella en Betanzos

O salón de actos da sede da asemblea comarcal da Cruz Vermella, no inicio da avenida Linares Rivas no cruce do Picardel, acollerá este venres desde as oito do serán unha singular iniciativa para achegar á nosa cidade o mundo da cooperación internacional. “Café con cooperantes” busca dar a coñecer, a través de persoal da Cruz Vermella, o mundo, as vivencias e vicisitudes da cooperación internacional en primeira persoa. Neste caso será Roberto Mallo Souto, enxeñeiro técnico e experto en auga, integrante de varias misións de cooperación en Líbano, Tanzania ou sudán do Sur quen aporte a súa experiencia nunha charla aberta a toda a cidadanía.

Advertisements