O Club Han’s Horang-i gaña dúas medallas no Campionato de España de Poomsae 2017

O Club Han’s Horang-i de taekwondo trouxo dúas medallas da súa visita a Cartagena a pasada semana para participar no Campionato de España de Poomsae 2017. Ana LLin Shin Veiga, que empezaba a competir esta pasada fin de semana, logrou a medalla de ano na súa primeira participación no torneo mentres que o mestre Seung Han Shin Jang alcanzou a medalla de bronce na competición a nivel estatal. No mesmo campionato a seleción galega de técnica alcanzou o título de campioa de España de técnica infantil e de freestyle, mentres que na categoría sénior Galicia situouse en terceira posición.

Advertisements