A plataforma para salvar O Pasatempo presenta as súas propostas ao conselleiro

Imaxe dos membros da Plataforma co portavoz do PP, José Angel Rodríguez, e o Conselleiro

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, recibiu onte aos representantes da plataforma para salvar O Pasatempo acompañados do portavoz do PP en Betanzos, José Angel Rodríguez Prieto. O responsable autonómico mostrouse de novo disposto a prestar apoio técnico para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) o Pasatempo como xa anunciara ao alcalde hai algunhas semanas. A Xunta supedita a súa colaboración económica á declaración BIC e á redacción dun proxecto adaptado a esta distinción.

Os integrantes da plataforma entregaron ao conselleiro unha copia do anteproyecto, un resumo das actuacións máis urxentes, fotografías que mostran a degradación deste recuncho emblemático e un resumo do plan de dinamización.

Advertisements