Bergondo iniciará hoxe as labores de mantemento do teixo de Baldomir

O Concello de Bergondo anunciou comezará hoxe as labores de saneamento e limpeza do teixo de Baldomir tras recibir onte a autorización autonómica. A actuación nesta árbore protexida consistirá fundamentalmente en podar as ramas rotas  e na aplicación dun tratamento fitosanitario para evitar podredumbes e potenciar a cicatrización dos cortes.

A solicitude do saneo do teixo foi presentada polo Concello á Xunta o pasado 9 de xaneiro tralos danos provocados polo temporal, que arrincaron de raíz unha rama.

Advertisements