O BNG celebrará hoxe un debate sobre a maternidade

O BNG celebrará esta tarde na libraría Biblos a partir das 19:30 h. un coloquio co título Maternidade(s). Esta actividade que os nacionalistas vinculan á celebración do Día Internacional da Muller contará coa participación de Margarida Corral, Olaia Ledo e María Xosé Bravo.

O debate centrarase nas diferentes formas de exercer a maternidade e nas decisións das mulleres vinculadas coa maternidade e a crianza, así como a presión social sobre as mulleres que afectan á súa maternidade.

Advertisements