Arrestadas cinco persoas por roubos en Abegondo e Bergondo

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

A Garda Civil pechou xa a operación Players coa detención de 5 persoas implicadas en roubos producidos desde o pasado mes de xaneiro en varios concellos, entre eles Abegondo e Bergondo. Os detidos actuaban forzando algún punto de acceso das vivendas, subtraían do interior todo tipo de aparellos electrónicos e as detencións lográronse tras sorprender a unha destas persoas roubando nunha vivenda de Guísamo. A partir de aí o instituto armado seguiu a pista e identificou un total de cinco persoas, ás que se lles interviu un abondoso botín en aparatos electrónicos e outros enseres, que foi depositado en dependencias policiais ata que se identifiquen os lexítimos propietarios e sexan devoltos aos seus donos.

Unha sexta persoa veciña de Abegondo foi detida por un delito de receptación, aos outros cinco detidos impútaselles a comisión de once delitos de roubo en vivenda. As dilixencias practicadas e os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Betanzos.

Advertisements