“O ferro” de Teatro del Andamio o sábado na aula de cultura

O sábado, desde as oito do serán, Teatro del Andamio pon en escena na Aula de Cultura, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC, a obra “O Ferro”. Dúas horas antes

Sábado 18, ás 20:00 h na Aula de Cultura Xulio Cuns terá lugar a representación teatral da obra “O Ferro” interpretada pola compañía Teatro del Andamio. Organiza o Concello de Betanzos o artista Ángel Mata inaugura, tamén no Liceo, a mostra de plantas cultivadas cunha antiga técnica xaponesa titulada “Kokedamas” dentro dos actos cos que a Coral Polifónica celebra o seu XLVIII aniversario.

Hoxe, ás oito, o Salón Azul do Liceo acolle unha conferencia sobre coaching e motivación co título “Actitude. A clave do éxito” por conta de Natalia Zalvide, coach internacional. O mesmo escenario servirá o domingo ás doce e media para entregar o premio Meléndez de Texeda no Liceo a Mercedes Casanova.

O Café Lanzós e a tenda gourmet A Artesa da Moza Crecha organizan unha sesión Gastrolive, con menú degustación e concerto de Arturo el del Saxo y su banda. Hai que se anotar en calquera dos dous locais. O concerto será, como é habitual, ás 22:30 h.  E no CIEC continúa a súa mostra colectiva.

Advertisements