O goberno de Abegondo retoma o seu plan de urbanizar o campo da feira

Imaxe da proposta do goberno para ordenar a zona do Centro de Abegodo

Logo de o Tribunal Supremo admitir os recursos de Xunta e Concello contra a anulación do Plan Xeral abegondés, o goberno local anunciou que iniciará de inmediato a redacción do plan especial para o desenvolvemento previsto en San Marcos aproveitando que o Plan Xeral está nun limbo á espera dun pronunciamento definitivo da Xustiza sobre o tema.  O plan especial do núcleo prevé a construción de 35 vivendas no ámbito de solourbano non consolidado UU-R13, na zona do campo da feira, xunto ao colexio, a piscina, o centro de saúde e a ludoteca.

Ademais das vivendas, o plan proxecta a creación dun enlace peonil, que limitará o tráfico rodado a residentes e operacións de carga e descarga para actividade comercial, e 66 prazas de aparcamento, unhas 27 delas para uso público. A ordenación prevé xerar, “unha gran zona dotacional pública” con dúas novas parcelas, unha para equipamientos, colindante coa existente, e outra para espazo libre, que se unirá á existente, na que hai un parque infantil.

Advertisements