Sogama, que incinera o lixo, informa sobre a reciclaxe en Paderne

O concello de Paderne

Sogama realiza o martes, 21 de marzo, unha visita ao Concello de Paderne, cunha carpa informativa, que se situará no Campo do Telleiro, entre as dez e media da mañá e as dúas da tarde. Explicarán aos veciños como contribuír a unha xestión máis sostenible dos residuos urbanos.

Porén, as críticas de entidades ambientalistas e organizacións políticas como o BNG sitúan a Sogama lonxe do modelo sostible de xestión do lixo. A planta, ubicada en Cerceda, almacena en vertedoiros o lixo- con denuncias de filtracións e lixiviados aos ríos da contorna- e queima o lixo para aproveitamento enerxético.

Advertisements