Arranca con polémica a tempada de pesca fluvial

O coto de Aranga chega ata a capital municipal

A Asociación Cultural O Progreso de Curtis demandou a anulación inmediata do exercicio da pesca, en calquera das súas modalidades, nos cotos de Chelo e Aranga e a reposición da legalidade. Denuncian que actualmente se dan irregularidades en ambos cotos, que cualifican de “históricos” para a pesca en Galicia. Aseguran que en varios tramos do Mandeo non se está a cumplir a normativa vixente en canto ás distancias entre un e outro couto de pesca e, no caso de Aranga, ademais, sosteñen que a extensión do mesmo é superior á permitida polo Reglamento de Pesca de Galicia.

É a sexta ocasión que a entidade se dirixe á Consellería de Medio Ambiente e mais á Sociedade de Pescadores do Río Mandeo, que xestiona os cotos. “Es como si sobre ambos cotos se cerniese una especie de maldición para aquellos que no deseen ser socios de la mencionada entidad, que campa alegremente gobernando aquellos parajes ilegalmente amparados por sinrazones obvias”, sostén a Asociación o Progreso de Curtis alegando que a entidade non respecta o mínimo de reserva de permisos para non socios.

A denuncia faise pública cando comezou, onte, unha nova tempada de pesca nos ríos galegos.

Advertisements