Atocha marcha de “Erasmus”

O colexio de Atocha, na avenida de Castela

O CPR Nosa Señora do Carme da Grande Obra de Atocha participa no proxecto GuidEU, un “Erasmus” para centros de secundaria baseado na orientación educacional e profesional do alumnado, inserido na estratexia Europa 2020 da Unión Europea. O programa pretende mellorar a orientación laboral desenvolvendo o complexo sistema de apoio e as ferramentas cunha participación activa de escolas, centros de asesoramento e demais actores sociais implicados no acceso ao mercado laboral.

Advertisements