A confraría da Semana Santa anticipa parte do programa musical deste ano

Vía Crucis baixando a Fonte de Unta. Imaxe sacada da conta de facebook da confraría

Con abril xa á volta dun recanto a confraría da Semana Santa ultima os preparativos para os desfiles procesionais deste ano. Este venres, precisamente, celebrarán unha última xuntanza xeral para pechar todos os detalles que aínda están por definir. A cita, para cofrades e colaboradores, é ás oito e cuarto na sancristía de San Domingos.

Mais o que xa confirma o colectivo é que o xoves actuará ante os desfiles procesionais a  soprano Victoria Alvarez Acón e que o sábado  Nuria Lemos cantará desde o balcón do Pazo Municipal ante os pasos de Nosaa Señora da Soidade e San Xoán Evanxelista na procesión da Soidade, creada hai tres anos polo colectivo.

Advertisements