Denuncian a morte de centenares de troitas nun afluente do Mandeo

Mosteiro de Sobrado dos Monxes, nas inmediacións do nacemento do Mandeo

A Asociación Protectora de Pesca Alto do Mandeo presentou onte unha denuncia ante o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil tras atopar centenares de troitas mortas no rego da Conexeira, un regato que vai dar a súa auga ao Mandeo en Sobrado dos Monxes.

O suceso descubriuse co inicio da tempada de pesca pero o colectivo demanda que se invesstigue a orixe do verquido que puido ser causante da elevada mortandade e que outros prexuízos ten para o Mandeo.

Advertisements