O alcalde entregou o Meléndez de Texeda a Mercedes Casanova

O acto tivo lugar do Salón Azul do Edificio Arquivo

O alcalde de Betanzos, Ramón García Vazquez, entregou o pasado domingo 1 o premio Úrsula Meléndez de Texeda a Mercedes Casanova Díaz, presidenta provincial da Cruz Vermella polo seu gran labor e traxectoria profesional dentro da entidade. O alcalde sinalou “en nome da corporación local, e en representación de todos os betanceiros, é unha honra facer entrega este ano do premio Úrsula Meléndez de Texeda a Mercedes Casanova”.

O premio Úrsula Meléndez de Texeda foi creado para distinguir a mulleres que se destacaron por traballar a prol da igualdade de xénero. A súa entrega, xunto coa xuntanza de palilleiras, son os actos que o goberno local organiza en torno ao 8 de marzo, día internacional das mulleres.

No seu discurso Mercedes Casanova destacou a esas esas mulleres, moitas veces invisibilizadas, que se tragan o orgullo para acudir a Cruz Vermella en busca de axuda. A necesidade de combater a violencia de xénero, de criar ás novas xeracións en “valores de tolerancia, respecto e igualdade”, “de romper mitos e estereotipos de face a unha sociedade igualitaria”-nun municipio que mantén como número inaugural das festas patronais un acto marcadamente sexista- e de “non escatimar esforzos nas medidas de prevención e protección das vítimas foron outras das reflexións que Mercedes compartiu co público que non quixo perderse a homenaxe”.

Advertisements