O Santo cae en Xixón por 91 a 68 e trunca a racha positiva

Continúa a racha negativa do Santo Domingo a domicilio, que caía derrotado por 91-68 ante o Gijón Basket, nun mal encontro e coa suma de varios condicionantes negativos, como ausencias e lesións durante o choque. O encontro correspondíase á 21ª xornada do grupo AB da Liga EBA e Diego Fernández contaba coas baixas de Marcos Rozas por asuntos persoais, e de Aarón Regueiro e Juan Miramontes por lesión. A isto uníase as baixas durante o inicio do encontro de Pablo Fernández e Rodrigo Praza, que apenas podían participar no partido.

Aínda así, a igualdade foi a tónica nos primeiros compases dun choque no que o Santo Domingo, en caso de gañar, certificaría de forma virtual a súa salvación, con cinco xornadas aínda por disputarse. Intercambio de canastras e de erros en ambos aros, ata que chegaba o primeiro percance para os nosos.  Pablo Fernández esguinzaba tras anotar o empate a 4 no electrónico, non podendo volver a pista no resto do choque. Os locais aproveitaban o desconcerto visitante, e os seus problemas tanto para atacar como para realizar o balance defensivo para empezar a distanciarse (9-4 min 5). Os problemas seguían para os betanceiros, que perdían tamén a Rodrigo Praza tras un golpe nun ollo. Aínda así, as diferenzas non eran insalvables ao término do primeiro cuarto (19-12 min 10).

As distancias comezaban a ser importantes a medida que avanzaba o segundo cuarto. O Santo Domingo lograba sumar desde o perímetro, con lanzamentos de Dani Martín, pero non era capaz de frear aos interiores locais, que se facían fortes en accións de rebote. A isto uníase o acerto desde o perímetro dos asturianos. Ata catro triplos consecutivos de xogadores diferentes, facía imposible o esforzo que facía o equipo galego por achegarse no marcador desde o tiro libre (41-26 min 20).

Tralo descanso, os betanceiros parecía que poñían meterse no partido. Eran bos minutos na ofensiva, liderados por Will Pereiro, que obtiñan vantaxes en situacións dun contra un frontal, e coa achega doutros xogadores, que sumaban en penetraciones e lanzamento exterior. Sen emargo, os de Poves seguían acertados desde o 6,75, con dous triplos de Lesmes, e comandados polo alapívot Dani González, autor de 21 puntos errando só tres lanzamentos de campo, non só mantiñan a súa vantaxe, senón que a levaban ata os 19 puntos, igualando o basquetaverage entre os dous equipos (69-50 min 30).

No cuarto final, os de Diego Fernández caían no seu rendemento, acusando a suma de minutos en pista, mentres os locais mantiñan o seu acerto desde a liña de tres, con dous triplos de Soto e outros dous de Lesmes, alcanzando vantaxes que roldaban os trinta puntos. Os galegos reaccionaban na recta final, chegando a pelexar por salvar o basquetaverage, pero finalmente non era posible, terminando o choque cunha xusta vitoria do conxunto local (91-68 min 40).

 

Malia a derrota, o Santo Domingo (10-11) mantén unha diferenza sobre o undécimo posto, que podería supoñer o descenso debido aos posibles arrastres desde LEB Prata, de dúas vitorias máis o basquetaverage particular, a falta de cinco xornadas. Por iso semella crucial o próximo partido, no que o primeiro equipo recibirá a visita do Baloncesto Narón (12-9). O choque celebrarase no Municipal do Carregal o domingo 26, ás 17:00 horas.

Advertisements