Bergondo adianta os desbroces estivais a esta semana

Imaxe tomada das redes sociais (El heraldo de Bergondo) de broza e lixo ao pé da ponte do Pedrido

O Concello de Bergondo anunciou onte que adiantou a campaña de roces de camiños “para chegar ao verán cunha prevención adecuada”. Os tractores municipais limpan xa a broza dos lindes das vías, que nalgúns casos xa empezan a invadir a calzada, asegura o executivo local. En total, limparanse os case 200 quilómetros de vías de que dispón o municipio. O goberno local anunciou tamén que ten en tramitación a adquisición dun novo tractor e cando se obteña, o Concello contará con tres para estes labores.

Hai unhas semanas, ademais, o goberno bipartito anunciou que multaría aos propietarios de árbores e sebes que invadan as vías municipais.

Advertisements