O PSOE avanza o seu “non” ás contas de Miño cunha emenda á totalidade

Faraldo, portavoz do PSOE de Miño

O PSOE de Miño presentou unha enmenda á totalidade do orzamento municipal para 2017, que o goberno local prevé someter a votación en pleno o vindeiro luns. Os socialistas denuncian que as contas, que prevén un gasto de algo máis de 5,7 millóns de euros e uns ingresos de 6,25 millóns, “falan dun futuro remanente que non será tal, posto que na súa totalidade (medio millón de euros) será dedicado a pagar a cota de 2017 da devolución do canon de Piñeiro ás empresas adxudicatarias”.

Os socialistas critican tamén que o documento presentado polo goberno que preside o exsocialista e exCxG Ricardo Sánchez Oroza está “feito para o curto prazo, sen pensar nas necesidades de Miño no presente e o futuro”. O portavoz do PSOE, Manuel Vázquez Faraldo, afirma ademais que “o orzamento adoece de varias carencias formais, técnicas e de contido, como a non inclusión da construción dunha marquesina no colexio Castro Baxoi”, aprobada en pleno.

Advertisements