Unha das vítimas do atentado de Westminster, Londres, era filla dunha betanceira

As bandeiras ondearán dous días a media asta

Unha das vítimas mortais do ataque terrorista de Londres é filla dunha veciña de Betanzos. Chamábase Aysha Frade e tiña 43 anos. Era profesora de español no DLD College London, situado na zona de Westminster, e saía do seu traballo para recoller ás súas dúas fillas. Foi a primeira persoa identificada entre as que falecían onte tras o atentado. O atentado deixa outros catro mortos e polo menos 40 feridos na ponte de Westminster, a carón do Parlamento do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.

Residen en Betanzos dous das súas irmás.  Segundo varios medios,  saíron no primeiro voo a Londres esta mañá. Rexentan unha academia de inglés a cincuenta metros da sé do concello de Betanzos, viven en Sada. A súa nai, veciña de Betanzos, casouse cun súbdito británico de ascendencia chipriota. A falecida estaba casada cun home de ascendencia portuguesa, Jonh Frade. Tiña nacionalidade británica, motivo polo cal o Goberno español non tiña constancia de que entre as vítimas houbese cidadáns españois.

A falecida tiña moita relación coa súa familia de Betanzos e, de feito, viña todos os anos a pasar períodos de vacacións. Isto levou ao Concello a decretar dous días de loito oficial e o adiamento dunha conferencia prevista para hoxe ata o 6 de abril.

Advertisements