A Deputación mellora a DP3903 en Vilarmaior

Unha estrada na comarca

A Deputación anunciou que ven de sacar a licitación as obras da estrada DP3903 de Tarreo do Blanco a Vilamateo, por Ambroa. A institución provincial destina un total de 221 840 euros a estes traballos, que consistirán no ensanche da vía e a construción de beirarrúas, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria. A ampliación da plataforma desta vía no concello de Vilarmaior aproveitarase para construír tamén varios aparcamentos de 2 metros de ancho. Así mesmo, urbanizarase a zona e colocaranse luminarias, ademais de executar muros de contención e terrapléns para garantir a seguridade tanto dos viandantes como dos vehículos.

Advertisements