Sada será esta fin de semana a capital da camelia

A Terraza de Sada

O Concello de Sada inicia mañá o I Exposición da Camelia, que se inaugura ás 17.00 horas e que proseguirá ata o domingo. Este evento, organizado a proposta dunha veciña de Meirás, desenvolverase dentro da capela de San Roque, que se encherá con exemplares dos xardíns da comarca, como os do pazo de Mariñán en Bergondo, aínda que tamén se invitou a outros como a Leira Galea de Alfoz en Lugo e particulares de Marín e Santiago.

Advertisements