Tres días de loito e concentración en repulsa ao atentado de Londres

As bandeiras da Casa Consistorial ondean a media asta

O Concello de Betanzos súmase á dor pola morte de Aysha Ahamet Caldelas e outras tres persoas como consecuencia do ataque terrorista perpetrado onte en Londres. Segundo explicou o Concello nun comunicado, “Aysha era filla dunha betanceira e estaba vinculada emocionalmente e familiarmente á nosa cidade. A especial relación da falecida con Betanzos motiva que o Concello traslade as súas condolencias á familia á que acompaña na súa dor”.

O Concello condena o ataque terrorista e decreta tres días de loito oficial, desde as 12:00 h de hoxe ata as 12:00 h do próximo domingo, ademais as bandeiras ondearán a media hasta e suspenderanse todos os actos organizados polo Concello. Onte ás doce o goberno local convocou unha concentración e un minuto de silencio ante a Casa Consistorial na Praza da Constitución.

Advertisements