A Xunta conclúe o amaño da AC-211 en Abegondo

Unha estrada da Xunta

As obras de mellora da seguridade na estrada AC-211 ao seu paso por Abegondo concluíron tras un investimento de case 40.000 euros por parte da Consellería de Infraestruturas. A actuación levouse a cabo entre os quilómetros 12,775 e 13, entre os que se construíu unha senda peonil de formigón de 1,8 metros de anchura desde o paso superior sobre a autovía A-6, situado nas proximidades da localidade de Crendes, ata a beirarrúa existente en Abegondo.

Os traballos incluíron a colocación dunha tubería para canalizar as augas de drenaxe, así como dunha baranda de 40 metros. A consellería, a petición do Concello, pavimentou tamén a zona de aparcamento existente entre a zona peonil e a calzada.

Advertisements