Recoñecen coa Placa de Ouro á agrupación de Proteción Civil de Betanzos

Proteción Civil ten a súa sede no Parque de bombeiros de Betanzos

A entidade que agrupa a nivel estatal as agrupacións de Protección Civil entregou á agrupación de voluntarios de Betanzos a Placa ao Mérito na categoría Ouro. Este recoñecemento ao labor realizado polos Voluntarios de Protección Civil realizouse na sé da Academia de Seguridade Pública na Estrada.

Tamén recibiu a Cruz de Servizos Distinguidos, categoría de bronce, polo seu labor durante dez anos Alberto López, xefe da Agrupación de Protección Civil de Miño fai 14 anos.

Advertisements