Augas e Concello preparan o proxecto para mellorar a traída

Vista aérea da planta de tratamento de auga do Coto

Técnicos de Augas de Galicia mantiveron hai uns días reunións con representantes do Concello para confeccionar o proxecto construtivo e adecuar así a consignación orzamentaria dun millón de euros para mellorar a planta potabilizadora dentro do Convenio Concello – Xunta. A execución do proxecto vaise a iniciar de inmediato e vaise a centrar fundamentalmente naqueles apartados que inciden en maior medida en evitar a turbidez da auga que periodicamente, con motivo dos temporais, prodúcese na subministración.

Así mesmo, iniciouse a toma de datos dos sistemas de saneamento e en concreto dos bombeos para confeccionar os correspondentes proxectos e acometer obras que melloren o sistema. O alcalde, Ramón García Vázquez, valora positivamente estas actuacións que pretende levar a cabo a Consellería de Medio Ambiente cumprindo así os compromisos adquiridos pola conselleira Beatriz Mato na súa visita a Betanzos en temas tan transcendentais para a poboación como é a subministración de auga e depuración.

Advertisements