BN pide abrir a beira do Mendo nas Cascas ao público

Avenida Jesús García Naveira á saída da ponte das Cascas

BN esixirá hoxe no pleno a apertura ao uso público das zonas de servidume do río Mendo que actualmente permanecen pechadas. A formación presentará unha moción na que incide no feito de que a lei de costas e a normativa de augas obrigan a que estas zonas de servidume estean abertas á a cidadanía.

A outra moción que presentan é polo Pasatempo. Coincide con outra proposta do BNG cunha ducia de propostas concretas para poñer en valor o xardín encicloplédico antes mesmo de ser recoñecido como Ben de Interese Cultural e que ten mediadas como cubrir con murais do antigo parque os muros de pavillón e campo de fútbol que dan ao parque, recuperar o comedor e dormitorio de buxo ou, máis ambiciosas, analizar a posibilidade de sacar a circunvalación de xunto ao vello Pasatempo e retirar a pasarela metálica.

A outra moción que presentan os nacionalistas é para implantar un sistema gratuíto de rotación do estacionamento, a alternativa que o BNG leva anos defendendo ante a ORA. O PP presenta unha moción pedindo un pacto sobre conciliación e BeC dúas, pedindo un plan de accesibilidade e dous informes sobre os servizos deportivos e de axuda no fogar. O goberno local non presenta iniciativas ao pleno.

Advertisements