Miño aproba un orzamento que non contempla o plan de axuste para asumir a débeda de 30 millóns

O goberno local de Miño nun Pleno

Unha débeda que, segundo o propio alcalde, pode chegar aos 30 millóns de pesetas e un déficit de 1,7 millóns para o vindeiro ano. E malia iso, o orzamento que onte aprobou o goberno local de Miño entende que “non toca” incluír nos orzamentos deste ano o plan de axuste. O executivo de PP que preside o independente Sánchez Oroza aprobou onte un orzamento de 6,2 millóns de euros en ingresos e cun gasto de 5.751.377 euros, onde a diferenza entre uns e outros números, medio millón de euros, será para a devolución do canon urbanístico de Monte Piñeiro.

O goberno ve un “orzamento social” e unha xestión “considerablemente boa” e o PSOE, único grupo da oposición con representación municipal, pinta un cadro completamente distinto. O cadro económico ata 2020 será dun déficit de
O plan presupuestario a medio prazo que o Concello remitiu a Facenda para os exercicios 2017-2020 debuxa un escenario preocupante. O déficit roldaría os1,7 millóns en 2018 e 1,5 en 2019 e 2020. O alcalde admite no informe que as previsións “non recollen ingresos por importe suficiente para dar cobertura a este gasto debido a que a corporación aínda estuda as medidas de saneamiento para garantir a sostenibilidad financeira” do Concello. Comparte a análise a interventora, que asegura que a estabilidade financeira “para 2018 non está garantida”.

O rexedor descualificou o plan de axuste proposto polo anterior interventor, empregado polo PSOE na súa réplica a uns orzamentos que merecen cualificativos como “irreais”, “curtopracistas” ou “irresponsables”. Advertiron, ademais, das obrigas do Concello na devolución do empréstito millonario e do canon da urbanización de Monte Piñeiro e negaron o seu apoio ás contas.

Advertisements