Un polémico penalti dá a victoria ao Betanzos ante o Paiosaco

Traspés para o Paiosaco, que cae das prazas que dan dereito para xogar a liguilla de ascenso a Terceira, ou paso de xigante para un Betanzos que suma tres complicados puntos ante un dos pesos pesados da categoría. Nun partido igualado que rematou co cero a cero inicial na primeira metade os betanceiros fixéronse cos tres puntos logo de transformar un penalti.

O colexiado asubiou a pena máxima apenas reanudado o encontro e os visitantes, que na primeira metade estragaran as poucas ocasións claras xeneradas, non perdoaron. A partir de aí o Betanzos administrou a renda xogando cómodo ao contrataque cun Paiosaco que segundo pasaban os minutos tiña que abrir máis as liñas para tratar de refacer as táboas.

Advertisements