A Escola de Folclore organiza un novo Encontro Gaiteiro

Este sábado a Escola Municipal de Folclore organiza unha nova edición, a quinta xa, do seu encontro gaiteiro. A programación, na que colabora o Concello, inclúe un pasarrúas desde as doce do mediodía coa participación da agrupación arteixá Foliada e logo, desde a unha da tarde, ambos grupos ofrecerán unha actuación na Aula Municipal de Cultura do Edificio Arquivo.

Advertisements