Convocan o VIII concurso de carteis do Día das Letras Galegas

O goberno local ven de convocar o VIII concurso de carteis do Día das Letras Galegas, dirixido a alumnado de primaria ou diversidade funcional matriculado nos centros educativos de Betanzos. As obras estarán necesariamente centradas en Carlos Casares, autor ao que este ano dedicou a Real Academia Galega o Día das Letras, e deberán ser presentadas en soporte dunha cartolina A3 e en galego.

Quen participe deberá poñer ao dorso datos identificativos e do centro no que cursa estudos e entregalo nos colexios ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Un xurado, composto por alcalde, un tecnico municipal e repersentantes dos centros, seleccionará o premio seguindo as bases que se poden consultar no web municipal.

Advertisements