Os traballadores municipais de Sada piden a dimisión de Tenreiro polo affaire do banco de San Mamede

O controvertido banco de San Mamede

Os representantes dos traballadores municipais de Sada reclamaron onte a dimisión do concelleiro de Obras, Miguel Tenreiro, polas “graves infraccións cometidas ao ordenar aos operarios municipais a realización de traballos no lugar do castro de San Mamede sen comprobar a legalidad da actuación”. Un comunicado conxunto da xunta de persoal dos funcionarios e o comité de empresa dos laborais demandaba a dimisión do edil de Sadamaioría- a marca local de En Marea.

Os organismos agrupan aos sindicatos CSI-F, CCOO e UGT e consideran que o edil de Sadamaioría podería “ter incorrido en graves irregularidades ao ordenar a realización de talas de árbores nunha leira particular” e nun ámbito “de especial protección do patrimonio” sen as pertinentes autorizacións. “A chapuza cometida polo concelleiro é de tal calibre que só cabo esixir a súa dimisión”, denuncian a xunta de persoal e o comité de empresa no seu comunicado. Adiantan mesmo que están dispostos a trasladar os feitos á Fiscalía.

Advertisements